Ela quería ser raíña, princesa e non perderse ningún rock and roll pero non sabía que nese garito e tamén na vida, cando escolles compaña, escolles camiño.
Erguerse coa náusea, disparar a granel, negociar un sorriso, matar as ganas coa desgana de explorar a fin do mundo debaixo da túa saia non deixa de ser, a cuadratura do pentágono.
Estou canso de dicirche que preciso de ti a fondo perdido, enviando sondas espaciais despois da fuxida, perdendo nos teus silencios a vitoria dos que sempre queremos o que non temos.
A cidade oferta primaveras de invernía, as rapazas sacan a pasear camisetas xeadas e os ladróns trocan bancos por versos artrósicos que teñen alerxia ao polen.
Todo está do revés e a min, dáseme por repetir cancións.
CaRa A "Extremoduro-Cuarto movimiento;la realidad"

No comments:
Post a Comment