Friday, May 25, 2012

DE NOITES

Aquela non era a noite e o taxista pertencía ao club dos condutores suicidas. Os consellos sempre teñen portas de emerxencia. Ninguén te explica que si bebes, non conduces e colles un taxi pode acontecer, que te atopes unha parafarmacia por condutor onde un ao seu carón, semella un monitor de aerobic.
A noite revélase co paso dos días nun cuarto escuro, os excesos expiran néboa na memoria e ti, agóchaste nas lembranzas do vivido cando escoitas disparos. Logo están os amigos, que axudan a tabicar as rúas coas conversas e os sorrisos.
Hoxe non quería falar diso;dos teus bicos que esvaran polas gretas da miña memoria e dos garitos xogando a ser áreas de servizo do día a día. Tampouco quería falar dos amigos como o Llamaradas que deixa de lembranza cinzas ao seu paso pola vella.Tan só quería falar daquel taxista suicida, que por levar de madrugada, non me levou nin a túa casa.
CaRa A "Conductores suicidas-Joaquín Sabina"

No comments:

Post a Comment