A cidade mira ao mar de esguello, que ven con choiva para limpar as rúas camiñadas, os bicos derrapados e ese non saber frear onde indica a policía. Esperto nun hotel só dúas horas despois da túa fuxida. Quedan restos de salitre no colchón e unha rapaza na recepción que se apiada de min cun "Bos días señor" e un sorriso . Vivo de xira sen banda de rock, asociado a unha resaca, medindo mal as distancias, buscando corazóns no minibar, disparando aos malos.
CaRa A "Aunque sea un rato-Leiva"

No comments:
Post a Comment