
Habitar a frase onde vives ti,
botarlle xeo e xenebra ao limón,
cantar un rock con percusión popular,
mollar o aceite en pulpo,
reler a Lois disparando poesía dende o amor e
visitar as túas curvas cos freos gastados,
non deixa de ser un feixe de escollas,
nesta vida de azar e decisións
que ten o teu nome de fronteira.
CaRa A "Damien Rice"



