Monday, November 30, 2009

DE OFICIO...

O´Miro

Cando ti chegaches eu xa estaba de volta de todo, cun vale de desconto no peto do pantalón.
Nas tendas da vella venden bicos de sobre que non saben igual pero alimentan mentres a friaxe lévame a ti, cun latexar amnésico que agarda atopar as sobras da nada.
Camiñas por outros corpos, nun rio que quere ser ría, nun Domingo que non é festivo, buscando aquelo que perdiches aquel día, no que xogaches a gañar coas cartas marcadas do querer.
Na cidade contan que danzas no abrente cun sorriso forzado, buscando un avogado de oficio, corazón.




Pd:adicada ao Miro, ollada emprestada destas lerias.

Saturday, November 28, 2009

Conflictividad social durante la II República


La II República tuvo una corta y agitada vida. La mayoría de los trabajadores vieron en este régimen liberal la oportunidad de ver colmadas sus ansias de mayor libertad política y esperaban una sustancial mejora de su nivel de vida. El contexto internacional no ayudaba (la crisis económica se extendía por todo el mundo) y los sectores conservadores y reaccionarios de la sociedad española se movilizaron ya desde muy pronto para destruir el nuevo régimen (la fuega de capitales fue imparable y los complots antirrepublicanos se orquestaban desde la Italia fascista). En el vídeo que hemos colgado se hace un repaso al mapa de la conflictividad social de 1931 a 1936. El movimento anarquista, encindido entre la corriente posibilista de Pestaña y el sector revolucionario de la FAI, crecía a nivel numérico y en extensión y buena parte de los sectores izquierdistas del PSOE y la UGT apostaron por la confrontación y aliancismo de clase contra los sectores del poder fáctico que aplastaron la insurrección de Asturias y preparaban el advenimiento de un régimen totalitario de carácter conservador que solo pudo ver la luz tras la Guerra Civil. Más allá de este mapa, hay que pensar en la vida cotidiana de las urbes (con los pistoleros de la Falange en la calle y los sindicatos obreros armándose "para lo que va a pasar") y el campo (ocupaciones de tierra, patronos financiando esquiroles y matones, paro y hambre en muchas zonas latifundistas); solo así podremos completar el mapa de la conflictividad social durante la II República.

Friday, November 27, 2009

FALA TI!...



A rapaza vai camiño dos tres anos e negocia cada verba que fuxe da sua boca, de cando en vez, cando lle peta. A rapaza é ben linda, "é todo ollos" que non emprega tan só pra ollar, ou mirar con certa atención, que ven sendo o mesmo."Cando digo algo e ela está diante as veces perdo pé, porque ten esa maneira de fitarte que enmagrece a frase e a fai insignificante",di o seu pai.
A rapaza viste un iris verdescente e unhas fazulas que piden polas mans do avó, ou da avoa, ou dos tios que xogan con elas coa teima de "pero que bonita eres, e que ollos tes, mágoa de que non soltes prenda".
Hoxe toca festa familiar e a tia Antonia apareceu cun papagaio que din que é capaz de imitar a fala humana. Hoxe toca café de pota e os catro vellos mariñeiros todos metidos nun bote, voga voga mariñeiro imos a Ribeira, que boa está a caña do Braulio e veña nena, falalle ao loro que aínda non dixo nada, anímate muller non sexas miñaxoia que raleas cada cousa que dis.
Vinte mirares no corpiño da nena, unha coral que aguilloa á cativa, 10 segundos de silencio que acougan a festa, unha rolda de recoñecemento e un mayday sonoro que a protagonista, abrindo os ollos por debaixo da boca, envia ao animal cun concreto “fala ti”, que remata coa gargallada colectiva e o retorno da troula xa que "mira que é simpática a condeada".
O Falati morreu 15 anos despois mentres Pemán daba o tempo, a nena é xa unha universitaria que estuda filoloxía, din que foi un ataque epiléptico e ninguén na casa quere chamar a Compostela pra poñela triste.

Sunday, November 22, 2009

GARABULLOS DE SALITRE

P.Torreira


Os meus beizos pasan a rentes das túas gañas, a miña derrota afúndese co peso de tanta medalla e namentres, os enemigos fuman esa acta esquecida de rendición.
Mesturarte cos restos da uva e a suor e unha maneira de investir, nun conxunto desordeado onde sobra o viño e as veces, faltas ti.
Este día de lata de sardiñas anda orfo dun anaco de pan e na vella pintan de cores a garita, onde agarda con vocación de sentinela a mesma semana repetida.
Un poeta e un prosista asinan con sangue a declaración da renda, o Domingo pensouse Abril, a rúa ule a salitre e o mar, reside na memoria que principia co teu corpo a suba da marea do vivir.

Wednesday, November 18, 2009

Tinna Modotti (1896 - 1942)



Assunta Adelaide Luigia Modotti nació en Udine, Italia, el 17 de agosto de 1896. A los diecisiete años emigró a los Estados Unidos con su familia. Trabajó en Hollywood. En 1921 conoció a Edward Weaton, excelente fotógrafo norteamericano que le enseñó a usar la cámara.

En 1922 llegó a México donde conoció a Diego Rivera y David Alfaro Siqueiros. Se hizo miembro de Partido Comunista en 1927. Participó activamente en la campaña "Manos fuera de Nicaragua" en apoyo a la lucha de Augusto C. Sandino y ayudó a fundar el primer comité antifascista italiano. En 1928 conoció a Julio Antonio Mella, dirigente estudiantil cubano, en una manifestación en protesta por la ejecución de Sacco y Vanzetti. A principios de 1930, fue expulsada de México acusada injustamente de conspirar para asesinar al Presidente.

Llegó a Alemania a mediados de 1930. Viajó a la Unión Soviética donde se reencontró con Vittorio Vidali, a quién había conocido en México. Participó en el Socorro Rojo Internacional. En 1934 partió hacia España. Después de la rebelión militar en 1936, se alistó al Quinto Regimiento y trabajó con las Brigadas Internacionales, con el nombre de María, hasta el fin de la guerra.

En 1939 regresó como asilada a México, donde continuó con su actividad política a través de la Alianza Antifascista Giuseppe Garibaldi. En 1940, el gobierno de Lázaro Cárdenas anuló su expulsión de 1930. Murió, de un ataque cardiaco, el 5 de enero de 1942.

Tuesday, November 17, 2009

DE LUGARES (e Sabinas)

P.Torreira



Cun Chet Baker por coartada
inspiro medio cigarro
nun atraco a man armada do teu corpo.
Agora que vivo en Baldío
agroman letras acubilladas en posdatas
que pintan coa tinta das mentiras,
as medias que tiras no chan.

Roubándolle un ripio a Joaquín
disparo un verso tuneado
cos restos en fuxida do teu motor.
Agora que habito na Nostalxia
teño as fazulas enchoupadas en carmín
que denudan as saídas de emerxencia,
onde os que perden piden a vez.

Son un iletrado dos teus silencios,
teño un compadre Franético,
perdinme de copas cun policía local,
nos Martes que decia buscarte.


Sunday, November 15, 2009

DE CEOS E BOCAS

O´Miro

Hai no ceo da miña boca unha adega do Rosal recomendada polos doutores da seguridade social e ti xa sabes querida, que todo na súa xusta desmedida non é malo.
Hai no ceo da miña boca o catálogo esquecido de todas as bocas que quixeron bicarte, dun xeito pausado, suicida, veloz, covarde, vagaroso e lixeiro.
Hai no ceo da miña boca un inferno que non pecha co abrente, un incendio sen bombeiros e os restos da túa roupa interior, desnortada na batalla campal dos corpos.

Friday, November 13, 2009

La Crucifixión - Renato Guttuso (1941)

La figura de Cristo está medio tapada por uno de los ladrones y por María Magdalena, lo que nos obliga a concentrar nuestra atención en la siniestra naturaleza de las botellas de vinagre, el martillo y los clavos, que aparece en primer plano. Este desplazamiento del centro de interés, que ya no es Cristo, se consideró radical en su época y provocó una airada reacción de la Iglesia. La obra se interpretó tambien como una crítica implícita al régimen de Mussolini. Este cuadro es una obra típica del realismo socialista, un movimiento artístico que pretendía crear un arte político, que fuera moderno y a la vez comprensible por la gente corriente. Guttuso fue uno de los principales exponentes de este movimiento, y en esta obra combina elementos del cubismo -como la paleta no naturalista y la distorsión de la anatomía- con el realismo descriptivo. A finales de los años 30 y principios de los 40 formó parte del Partido Comunista, clandestino en la Italia fascista.

Sunday, November 8, 2009

7 SEGUNDOS



Dame un termómetro pra subir a febre, un banco de portas abertas, unha novela que renegue do escritor e un pan de broa con vocación de centola. A cidade esperta de Domingo buscando alento debaixo das pedras, reseteando ausencias, medindo infinitos e agochando derrotas. A paixón regálase cun Dominical pra mollar no café que quere ser licor e dous bombeiros xogan cun misto, agochando as luces de neón no seu camión.
Podo repetir a canción vinte veces ata chuchala coa tinta do papel, podo instalarte na amnesia dun sorriso, podo vestirme de revolución, bicarte como a primeira vez e sacarche un sol debaixo da saia.
Dame un teléfono pra non escoitarte, un xuiz pra cometer un atraco, unha herdanza pra ser libre e unha habitación con vistas pra taparme os ollos e asi por fin, poder mirarte, durante 7 segundos.

Friday, November 6, 2009

REDUNDANCIA


Teño unha gramola no peito que repite a túa canción nunha cidade mollada pola noite onde todas as mulleres son TI.
Teño o que perdín, o disco emprestado, a verba indixesta e a tinta derretida polos bicos non dados.
Hoxe son todo sen TI, canso sen TI, só sen TI...TI.


Tuesday, November 3, 2009

UNHA (De Novembro)


Márcasme Novembro na fronte coa cinsa de tres castañas da vella que non chas quero, non chas quero. Márcasme Novembro na fronte cun magosto lixeiro de roupa agora que chegou a invernía e eu invisto en puchos e abrigos de corte británico nunha Compostela que quere ser Londres.
A cidade é unha procesión de obrigas cinguidas polo horario laboral que mollan as penas en viño, o fotograma velado duns beizos sen vaselina, a quiniela premiada un Luns e todas as veces, que nos dixemos goodbye my lover xuntando a nosa pel.
Baixa o mercurio e os porcos recean do coitelo, que non cho queren, que non cho queren. Baixa o mercurio e a xeada é suor ao teu carón, nun leito dead and lovely, patrocinado por Tom.

Monday, November 2, 2009

A propósito de Ramón Acín

Imprescindible para acercarse a la vida de Ramón Acín: http://www.fundacionacin.org/

Más del XVII: la división religiosa de Europa

En el siglo XVI el tronco común del crsitianismo se hace pedazos a partir de la reforma luterana, pero será durante el siglo XVII cuando las disputas político-religiosas alcancen su punto álgido. Durante buena parte de este siglo, las guerras de religión en Francia (entre hugonotes, que era como se conocía a los calvinistas en ese país, y católicos) debilitan políticamente al país. En Inglaterra, el ascenso del calvinismo y la consolidación del anglicanismo conseguirán que el catolicismo en Gran Bretaña sea minoritario. Como se ve en el vídeo, el oriente europeo sigue bajo dominio ortodoxo, pero el expansionismo islámico lleva su religión hasta Bulgaria y Bosnia. Por otro lado, las minorías anabaptistas van siendo rechazadas por toda Europa, decidiendo muchos de estos anabaptistas cruzar el océano y establecerse en lo que luego serían los Estados Unidos de América. Clave por tanto la centuria de 1600 para entender la división religiosa en Europa y las cuestiones político-identitarias ligadas a esa división.