Saturday, October 31, 2009

SEGUNDOS



Un ciclista suicida con tres copas de mais,
unha lolita con superavit de Humbert Humbert,
aquel bico embargado por un xuiz inclemente,
7 berros acelerados nun leito,
as luces nos ollos da noite,
a túa roupa interior requisada por un municipal,
aquelo que nos sobra pegado aos zapatos,
INSPIRA.

Un querer perdido no silencio,
Unha canción con café de almorzo,
os pesarios do que toca facer,
un fotomatón de saldo nunha comisaría,
os días que quixen e non puiden,
un brinde polo de sempre e canto antes,
aquela postal de arma branca,
EXPIRA.

As cidades que agardan cun coitelo nos dentes,
as apertas de vento e choiva,
ti e mais eu de costas rodeados de malos,
os garitos agochados na pedra da vella,
unha aposta sen provisión de fondos,
as novelas negras de po e
as veces que quixen chamarte cando fuxía,
todo iso colle,
nun lento respirar de ollos pechados.

Wednesday, October 28, 2009

Primer acercamiento al XVII español

El XVII español. Decandencia, desastre, oscuridad y muerte... Los profesores pegando el panfletazo de que España, el Imperio, se vino abajo por la mala gestión de los hombres de poder. La gran historia de las hegemonías en el centro del discurso... ¿Hasta cuándo? ¿Hasta cuándo la historia como historia nacional? La incapacidad de hacer un repaso histórico que transversalice los distintos campos y salte las barreras de la historia política nacional, que es la que lo hegemoniza todo. El XVII español y el esplendor barroco. Velázquez, Zurbarán, Lope, Quevedo y todos los demás. La gente en los teatros y en las plazas mayores, qué espectáculo, la fertilidad de la decadencia moral de la que hablaban los contrarreformistas, más pesados que nadie. El XVII y San Ignacio, los jesuitas y su historia negra subterránea. Un siglo interesante, sin duda. Mucho nos queda por aprender.

Tuesday, October 27, 2009

DEBILIDADES e BLUES

P.Torreira


Non o penses moito e sube amodo, que esta noite meteremos o carro polas escaleiras de San Martiño Pinario. Na radio falan do novo traballo de Quique e a policía, busca a un nonaxenario suicida que bebe os tequilas sen limón.
Non o penses moito e sube amodo, que esta noite o noso respirar acompasa estes dous corpos cansos. Contan polos garitos que un asasino con dous setes de man anda solto, leva ao seu carón unha muller de falda curta que semella querelo.
Non o penses moito, escoita a canción... "Duermo en el central, voy a los billares, vivo en la escena del crimen. La lleve a bailar, me beso de cine, en su día libre" .

Monday, October 26, 2009

DE CORAZÓNS E LUNS

P.Torreira

Esta tarde manchei con viño a túa carta poñéndolle comas de uva ás posdatas. Os luns gastan pesarios nos ánimos e alimentan furias paranoicas.
Hoxe querida, boto en falla por egoismo, aqueles bicos que enchoupaban angurias.

Friday, October 23, 2009

AUGURIOS

O único bilingüismo que vale é o da túa lingua coa miña.Non sei conducir e comer pistachos ao mesmo tempo,pensei que eran coma pipas e os meus dentes dixeron que non.
Ela escribe moi lento e eu teño sono, as miñas gañas son unha lata cativa de mil pistachos entre as miñas mans de conductor e ti, o derradeiro capricho do condeado a morte. Son un neno na procura do ouro de Moscú, un francotirador con pistolas de auga, aquel que envia un souvenir coa túa roupa interior como lazo e o que sempre gaña, cun certificado de defunción como fío dental.
Nada ten sentido está noite, todo vai según o previsto.


Wednesday, October 21, 2009

DE BOTELLAS

P.Torreira


Se os teus bicos tiveran o dosificador desta botella e o ceo da miña boca a capacidade dunha copa, o meu fígado agradeceriao e o meu corazón, tamén. Estes dedos matan as letras do teclado cun tac, tac, tac arrítmico nunha tarde calquera, pendurada dunha isobara que anuncia chuvia para mollarme. Hai días que un gasta cun mal non, hipotecas finiquitadas cun atraco a man desarmada e camareiros subvencionados polo departamento de servicios asociais.
Non sei escribir co silencio dunha ambulancia sen enfermeira e hoxe quero repetir ata fartarme a nova canción de Joaquín que di... "Esta noche estrena libertad un preso desde que no eres mi juez,tu vudú ya pincha en hueso,tu saque se enredo en mi red".



La Guerra Civil Española (el desarrollo militar)

A menudo una imagen vale más que mil palabras. En esta ocasión, lo que utilizamos para refrescar vuestra memoria es un pequeño vídeo donde se explica el desarrollo de la guerra civil española en su plano estrictamente militar. Tendríamos que acompañar este vídeo de muchos más para completar la imagen global de la guerra civil española, pero nos parece interesante empezar en este caso por la historia militar, que, reconozcámoslo, es para los que nos acercamos a la guerra civil desde el ámbito de la nostalgia revolucionaria, nuestro punto más débil. De todas formas, es impresionante pensar como aquellos miles de trabajadores armados pudieron ofrecer resistencia ante un ejército sublevado casi en su totalidad durante tres años. Tenemos que complejizar, claro, pero de momento nos quedamos aquí. Espero que os guste o que, por lo menos, os aclare ciertas dudas que podáis tener. Pronto colgaremos otro vídeo sobre la conflictividad social durante la II República.

Monday, October 19, 2009

A MIÑA AQUELA

P.Torreira


-.Normalmente, na protectora temos unhas taxas que hai que pagar ao levar un animal, pero esta cadela pertence a “outros casos” e non tes que pagar nada.
-.Outros casos?
-.Son aquelas situacións como esta nas que o animal leva mais de 4 anos con nós e nunca ninguén quixo recollela .Tamén están neste apartado os que teñen algún defecto físico.
-.Está ben, sempre quixen ter un “the others”.
-.Non entendo.
-.Nada, cousas da tv…

“A miña aquela” é dende fai uns días unha supervivente escéptica pra un noctámbulo, unha boa compaña pra quen gusta das malas compañas, a consecuencia dunha noite de copas e paixón entre unha foxterrier e un palleiro, a Morgan Freeman de cadea perpetua e a embaixadora dos que sen moverse, sempre semellan estar de paso.

Sunday, October 18, 2009

Cañones en acción, de Gino Severini

Oleadas de color marrón, gris y verde convergen hacia tres soldados que manejan un cañón. El de la izquierda en primer término se agacha para encender la mecha, mientras los otros dos a la derecha parecen estar a punto de cargarlo de nuevo. Superpuestas a esta dramática imagen hay palabras sobre la guerra y los combates: bboumm, dice el cañón; 100.000 fogonazos desgarradores; aniquilación; ¡vamos muchachos! Estas frases sucintas, expresivas y entrecortadas actúan a modo de comentario sobre la violencia de la imagen. Esta pintura formaba parte de un grupo que Severini realizó entre 1914 y 1918, durante la primera guerra mundial. La vertiginosa y dinámica sensación de movimiento y velocidad y la atención a la maquinaria moderna son típicas del futurismo, cuyo manifiesto firmo Severini en 1910. El amplio uso de palabras y letras, sin embargo, es exclusivo de Severini, que más tarde produjo obras en un estilo más realista, incluida una serie de frescos de Montegufoni, cerca de Florencia.

Friday, October 16, 2009

AXUSTE (de contas)



Non pisarei a dictadura do As cando che bique as costas, prefiro espir unha K, que promete menos do que da. As camaras da autoestrada bótante de menos e a policía xa non sabe a quen fitar cando os malos durmen, cun alambique de soños por pistola.
As luces do motel bailan co abrente nunha pelexa de contrarios onde sempre perde o vencedor, que ven do ganchete da noite, nun axuste de contas repetido.


Thursday, October 15, 2009

REGALÍAS


P.Torreira

Aínda non coñeciches a Andrelo, nin te cantou Jorge Negrete nin falta que fai...pra determinadas cousas sobran música, letras,tinta e artistas.
Parabéns ao meu irmán Franético e á miña reporteira gráfica ocasional Eva Wein!...menuda regalia de boneca!.

Tuesday, October 13, 2009

CANCIÓNS


A falta de ti comerei música,
poñen un disco que promete en casa Rosita,
2 cancións, viño e postre.
A falta de ti pecarei coa túa ausencia,
din que xa non é a mesma
pero sempre está de vicio,
espida no meu colchón.
A falta de ti beberei kilómetros,
hai unha vila que non aparece no mapa,
ten un garito que só pecha por nadal.
Os diarios falan hoxe do teu camiñar,
contan que aprendiches a matar,
sempre de frente,
sempre cun bico,
a falta de ti.

Monday, October 12, 2009

CRÓNICAS DE GARITOS

P.Torreira


Ti non te chamas Pilar e eu non levo un traxe verde e a única coincidencia entre Platero e a pelo eres ti. Hai un antídoto de ausencias pendurado dos teus beizos e un outlet de derrotas debaixo do meu pantalón neste luns chamado Domingo, nesta semana de escopeta recortada, neste garito cun barman por vértice que sirve de balde, o licor do común denominador.
Os pacifistas mátanse a polvos no telexornal enchoupando os carros blindados dos que se din nacionais e cooperantes, dos que disparan mentres pintan un verso, dos que poñen apelidos á paz. Hai un presidente asubiado por "tio bueno" e un capítán cunha erección insubmisa ao share, todo en horario infantil, todo nun día con jet lag, todo nun todo a cen...pero hoxe querida, non tocaba isto, porque somos insolventes en perder o tempo e o camareiro quere pechar, lonxe dos nosos silencios acelerados, a dous días dos nosos bicos enlatados, a anos luz desta festa militar.

Sunday, October 11, 2009

PONTES e SANTÍSIMOS

P.Torreira


Mollar a preguiza no tinteiro,
escribir unha posdata na túa roupa interior
e frear en cada unha das túas curvas,
non deixa de ser unha maneira
de investir,
na República do teu reino abdicado.

Friday, October 9, 2009

CAMAREIRO,UNHA DE ROCK.


Non sei como se mide o frescor pero o dentífrico prométeme un 40% máis e a miña boca non está pra relear porcentaxes agora que aínda anda a mastigar un anaco de noite. A esta mañá fáltalle un backstage, unha grupi asasina, hidratación e a sinatura dun armisticio nesta guerra do cotiá onde almorzamos a tropa da tralla brava.
Hoxe por decreto, pecharemos as oficinas, atracaremos dous ou tres carriños da compra, fumaremos as follas dos libros aburridos, farémoslle un pinchacarneiro ao encargado e alugaremos un ático nun loop melancólico onde A.C é o rei.


Tuesday, October 6, 2009

DE CHUVIAS

P.Torreira

Chove e é martes e pregúntasme que me acontece e eu doulle voltas ao café ata marealo e non sei se mollar ou non o donuts, depende da mañán ou do día ou depende dos soños da noite anterior ou dos pesarios que teña nas pálpebras as sete da madrugada pero nunca sei que facer coas bolachas, ou co donuts, ou coa bica se mollalos ou non.
Chove e é martes e hoxe non quero zumo de laranxa porque marchou a calor e xa non teño sede de zumo e dubido se tomar unha mandarina por aquelo da vitamina C ou da gripe A xa que ao final as cousas importantes defínense cunha letra e hoxe espertei cun abecedario na cabeza e non son quen de escoitar o noticiario da tv.
Chove e é martes e a ti gústache agora o baloncesto, agora que chove e hai poucos pavillóns e marchou o sol e os martes xa non son como aqueles martes con este servidor xogando nos Lakers cun anel de campión da NBA que mollaba na cervexa que tomaba con Kobe.
Chove e é martes e ti tes o que pra min non querias e pregúntasme que me acontece, agora que non sei se mollar o donuts, se tomar o zumo de laranxa, se encamarme como Onetti cunha gripe A, se beber cervexa con Kobe ou se alugarlle este martes, esta choiva e todas as melancolías, á lembranza.

Monday, October 5, 2009

Aproximación al anarquismo en Euskadi (1870-1936)


En el link que señalamos, podréis ver al completo el interesante documental que sobre el anarquismo en Euskadi ha realizado Jon González. Es un interesante documento que ayuda a entender como el anarquismo se consolidó a finales del siglo XIX como una opción dentro del panorama político del movimiento obrero vasco. Una opción, en Euskadi sí, eminentemente minoritaria si la comparamos con el peso del movimento marxista, tanto en el plano político (PSOE) como sindical (UGT). También interesante porque en este documental se repasan acontecimientos como la Guerra Civil en el País Vasco y el papel de las organizaciones obreras y anarquistas herederas de la I Internacional en Euskadi. No os lo perdáis.

http://roiginegre-videos.blogspot.com/2009/08/aproximacion-al-anarquismo-en-euskadi.html

Saturday, October 3, 2009

MACEDONIA (de fotogramas)

P.Torreira

Un notario percorre Compostela dando fe dunha copa de ron nun pano mentres unha parella , desafía cun bico ao boneco vermello, no medio dun paso de cebra ateigado de carros con envexa. A vella presenta superávit de lolitas universitarias que de maiores queren ser como Natalie Portman, tres racións de porvir enlatado e un duelo de rock e literatura no malas pécoras entre os Ataque Escampe e Dani Salgado. Un comando pangalaico mata a fame no 16 co bo facer de Suso e 4 insubmisos a unha resaca precoz rañan os petos na procura de varias moedas pra financiar un kebab antes de naufragar no Modus.
A noite é unha macedonia de fotogramas disártricos que olen a gofre de chocolate e nata, a taza en extinción que morde cos dentes un paisano na rúa do franco, unha ducia de excesos confiscados, o club da loita da farándula, os músicos bebendo coa música de fondo e un fato de ausencias empedradas co lazo da despedida.


Friday, October 2, 2009

Etienne Cabet y los icarianos

Etienne Cabet (1788-1856), fue un filosofo, teórico político francés y socialista utópico. Fue el fundador del movimiento icariano, llevó a un grupo de emigrantes a fundar una nueva sociedad en los Estados Unidos.

Nació en Dijon, estudió derecho. Fue contrario a los Borbones y se le prohibió ejercer de abogado. Vistos los fracasos insurrecionales cree necesaria otra vía. Fue favorable a la revolución de 1830 pero después se mostró contrario a la monarquía liberal orleanista a raíz de la represión contra los obreros. Publica periódicos antigubernamentales. Al volver de un nuevo exilio se definió como comunista demócrata con la voluntad de unir muchos sectores (obreros, socialistas, burgueses..). También publicó 4 volúmenes sobre la Revolución francesa.

Publica “Viaje a Icaria”, donde describe una utopía comunista en el futuro en frente del presente capitalista (1482). Será un libro que llegará a toda Europa, muy influyente. Formula una primera imagen del comunismo.

Gran panfletista, pero de poca importancia política. Compra tierras en Texas para poner en práctica sus ideas. Fracasa. Tampoco tiene éxito en sucesivos intentos durante 10 años.

Era un comunista-demócrata. Para Cabet la democracia completa era el comunismo. No hace falta una revolución sino que se llega al comunismo por propio convencimiento. No quiere violencia ni lucha de la clase obrera sino un proceso “predicando con el ejemplo” para convencer a la gente. Quiere eliminar la propiedad privada y el dinero.

Sus colonias no influyeron mucho, pero sus panfletos y sus conceptos sobre la igualdad natural y de resultados y su idea de un mundo sin dinero sí que tuvieron resonancia.

Thursday, October 1, 2009

de LINGUAS e PUNTAS


As miñas ganas son un monstruo de sete cabezas cun pensamento mancomunado, a couza que fuxe da presenza da naftalina, o pucho que esqueceu a cabeza na sombreirería e a túa ausencia presente, que define espacios.
Gasto as horas por non vivilas, búscote en todas as mulleres coas que nunca trocarei catro verbas, lévote na punta da lingua, invisto en videos de Nicolino Loche, acelero a ningures, escoito ao Pelao Cordera e miro camiñar á cidade, dende a atalaia do derradeiro bar.