Non o penses moito e sube amodo, que esta noite meteremos o carro polas escaleiras de San Martiño Pinario. Na radio falan do novo traballo de Quique e a policía, busca a un nonaxenario suicida que bebe os tequilas sen limón.
Non o penses moito e sube amodo, que esta noite o noso respirar acompasa estes dous corpos cansos. Contan polos garitos que un asasino con dous setes de man anda solto, leva ao seu carón unha muller de falda curta que semella querelo.
Non o penses moito, escoita a canción... "Duermo en el central, voy a los billares, vivo en la escena del crimen. La lleve a bailar, me beso de cine, en su día libre" .
Tuesday, October 27, 2009
DEBILIDADES e BLUES
Subscribe to:
Post Comments (Atom)

No comments:
Post a Comment