Wednesday, October 21, 2009

DE BOTELLAS

P.Torreira


Se os teus bicos tiveran o dosificador desta botella e o ceo da miña boca a capacidade dunha copa, o meu fígado agradeceriao e o meu corazón, tamén. Estes dedos matan as letras do teclado cun tac, tac, tac arrítmico nunha tarde calquera, pendurada dunha isobara que anuncia chuvia para mollarme. Hai días que un gasta cun mal non, hipotecas finiquitadas cun atraco a man desarmada e camareiros subvencionados polo departamento de servicios asociais.
Non sei escribir co silencio dunha ambulancia sen enfermeira e hoxe quero repetir ata fartarme a nova canción de Joaquín que di... "Esta noche estrena libertad un preso desde que no eres mi juez,tu vudú ya pincha en hueso,tu saque se enredo en mi red".



No comments:

Post a Comment