Friday, October 23, 2009

AUGURIOS

O único bilingüismo que vale é o da túa lingua coa miña.Non sei conducir e comer pistachos ao mesmo tempo,pensei que eran coma pipas e os meus dentes dixeron que non.
Ela escribe moi lento e eu teño sono, as miñas gañas son unha lata cativa de mil pistachos entre as miñas mans de conductor e ti, o derradeiro capricho do condeado a morte. Son un neno na procura do ouro de Moscú, un francotirador con pistolas de auga, aquel que envia un souvenir coa túa roupa interior como lazo e o que sempre gaña, cun certificado de defunción como fío dental.
Nada ten sentido está noite, todo vai según o previsto.


No comments:

Post a Comment