Os vellos apuran o paso pra chegar a tempo ao centro de saúde á hora do troco de recitas, o inverno gáñalle pola man unha volta de viños á primavera e o espertador sálvame dun epicentro onírico, devolvéndome con agudos a unha realidade pegada ao leito da madrugada. Os irmáns e Sabela notifícanme que Antonio marchou mentres revolvo a vida co café nun garito, onde os inquilinos de barra preparan oposicións ao JB.Hoxe son un carro sen conductor pola autoestrada, a suma das forzas que lle restan a un rock, unha ducia de cancións e unha banda sonora que busca acubillo ...na medida dos teus brazos.
No comments:
Post a Comment