Tuesday, September 30, 2008
Friday, September 26, 2008
"PARA VOS (Reina)"
Emprestáchesme verbas bonitas pra sandar melancolías
e dende entón ando máis lixeiro ,cuns pesarios dos pes amnésicos.
Hoxe levo nos petos todos os bicos recibidos como pronto e pago
dos endosos bancarios co pasado.
Tuesday, September 23, 2008
Monday, September 22, 2008
WARNING
Teño o corazón en formol,
verbas molladas,
subtítulos como respostas,
e un aquel...de andar de volta de todo.
Sunday, September 21, 2008
FIESTRA (de Domingo)
Fumando un cigarro manipulado ao carón dunha xanela aberta,audito o pasado, combato resacas, repito imaxes do teu corpo,
danzo cos restos da túa ausencia, reseteo o tempo, leo a Monzó,
envío sinais de fume aos veciños, escoito o choro dun neno,
os postres das comidas de Domingo, os partidos no Carrusel,
os teus silencios.
Fumando un cigarro manipulado ao carón dunha xanela aberta,
catalogo as marcas que deixaches na miña pel, falo co televisor,
reconto as pegadas abandonadas na xeografía do apartamento,
asubío unha canción, alugo un exilio interior con vistas,
avalo a túa suspensión de pagos,as malas compañas,
os meus silencios.

A verdade e que nunca imaxinei a de cousas que un pode facer,
fumando un cigarro manipulado ao carón dunha xanela aberta.
Friday, September 19, 2008
SUCEDE
Xoán Curiel canta a Godot emprestando aloumiños sonoros,
Franético reina en Aldán buscándolle os ángulos a ría,
un ging tonic hidrata o niño de paxaros que levo no peito,
Quicoliñas oferta a súa terraza na Algalia como exilio con vistas,
Compostela emerxe vizosa pintando con luces de neon a pedra,
a policía fai un casting pra pasar unha noite no calabozo.

Busco nos planos a estrema das túas cadeiras,
amago con abstraccións frustradas,
acelero sen destino,poño música,
elaboro caras,clasifico enrugas,
e ti,en Gambia.
amago con abstraccións frustradas,
acelero sen destino,poño música,
elaboro caras,clasifico enrugas,
e ti,en Gambia.
Friday, September 12, 2008
FRAQUEZA
Escribo co teclado do ordenador inclinado, agardando que as verbas esvaren axudadas pola gravidade e a madrugada.Escribo, catalogando as fraquezas do bolchevique en garitos onde regalan copas de garrafón con restos de carmín caducado.
Aventureiro de 50 metros cadrados, amnésico nunha trincheira, preso da túa outonía, licenciado no tres por dous, minifundista do teu camiñar…
"Buscando mi detino,viviendo en diferido sin ser,oir,ni dar.
A cobro revertido quisiera hablar contigo y asi sintonizar"
Extremoduro 2008
Boomp3.com
CONVERSAS

-.Sabes o que é a paletilla?
-.Xa estas ti coas túas historias...
-.Pois é, que sei que che interesa, un oso inexistente que como dicían os gregos clásicos, flotaba á altura do diafragma sendo fundamental no estado anímico.Por iso as veces empregamos a expresión “teño a paletilla baixa”. Por iso, ata fai pouco tempo nas aldeas existían persoas que tiña por profesión equilibrar a paletilla
-.E ti, como tes a paletilla logo?
-.Fora da xunta, luxada, melancólica.
-.Ti o que es é un leimeiro e se algún día tiveches paletilla de seguro que os seus restos están espallados polo mundo adiante a modo de metralla.
-.Non me desgusta a idea dunha paletilla kamikaze perdida. Complementa a pose bogartiana-vampiresca.
-.Vampiro, casablanca e leimeiro, unha boa mestura.
-.Eu tan so quería falarche da paletilla miña ben
-.Déixate de lerias, e de paletillas, e de hostias...

Monday, September 8, 2008
HORAS (mortas)
Aburridos curas entre voda e voda nun domingo calquera,solitarias mesas reservadas en restaurantes baleiros,
esquecidos zapatos abandonados nos trocos de tempada,
insomnes bicos emprestados en noites mancomunadas,
cronometrados semáforos polas presas da vida moderna,
furtivas misivas sen remitente nin resposta,
tatexas verbas que non acreditan na incontinencia,
amnesias alcohólicas insubmisas as augas de Cabreiroá…
catálogo de flashes que alumean as horas mortas.
Tuesday, September 2, 2008
TRES VECES CEN
Chega Setembro, co seu exercito de follas agardando a ser alfombra duns pes cansos, cun casete de grandes éxitos deste verán que puido ser e non foi debaixo do brazo, con restos de carmín que esqueciches a prazo fixo en beizos escépticos. Chega Setembro, cunha bagoa hospedada no lacrimal pra despedir aos guiris da vella, investindo nos mesmos garitos co mesmo alcohol pra novas universitarias,envellecendo a tinta dun libro de poemas que cada vez semella mais acedo.
A cidade latexa a ritmo dun valse, os hipócritas fan cola ás portas do palacio demandando un certificado de boa conduta, as rebaixas ofertan ao vendedor cun kit de limpeza, o euribor toma callos sen protector gástrico, ti cada vez pareces mais fermosa nas fotos, eu mais vello.
A xornalista da tv repite as mesmas noticias cada 10 minutos cun ton enlatado, a mentira atopa refuxio nun titular, as nosas ganas nun trasteiro alugado por eros.
Levo uns cantos meses disparando verbas nunha pistola de balas, mirándote camiñar entre rúas estreitas, elaborando un catálogo de renuncias, mercando lentes pra pintar outras cores, vomitando o LK do almorzo.
Chega Setembro e con el este texto que leva o número 300 no reverso dunha leria. Texto terapéutico, filtro de angurias, mexada de can, antídoto contra a insoportable levedade do ser, recuncho con visado ao teu leito, melatonina de letras, grafite sobre o teu corpo espido, berro nun papel en branco, berro, berro.

*Audio Torreira Grandes éxitos (Texto de Franético,voces Torreira e Franético)
Boomp3.com
Subscribe to:
Posts (Atom)

_pt_svg.png)