Un capitán sen exercito cun exceso de ordes no fusil,
unha ansiedade no peito sen taxas nin fronteiras,
os bicos que malgastamos cando tiñamos superávit,
as gañas que teño de ter un nada con vos,
dous garitos que pechamos sen expediente de clausura,
as humidades que disecamos nas noites longas,
a túa amizade xogada a sete vermello,
un rock que agochamos nun pop elegante,
a bandeira que bordei coa túa roupa interior,
as forzas que me faltan pra gañar unha batalla perdida,
os Mayday que non escoito cando emprego tapóns pra nadar,
as fotos que me buscan os ángulos mortos,
os días que envolvín o corazón con algodón
e moito,moito,moito xeo.