Hoxe reservarei no con dos tres pes, preto do faro, unha habitación con vistas aos meus excesos. Na illa de Arousa, a unha distancia prudencial do continente, os minutos camiñan sen reloxo, o mar ule a mar e a xente é xente. Debe ser por isto que non me importaría afiliarme, a esta república do salitre.Thursday, July 31, 2008
SALITRE
Hoxe reservarei no con dos tres pes, preto do faro, unha habitación con vistas aos meus excesos. Na illa de Arousa, a unha distancia prudencial do continente, os minutos camiñan sen reloxo, o mar ule a mar e a xente é xente. Debe ser por isto que non me importaría afiliarme, a esta república do salitre.Saturday, July 26, 2008
MILANÉS
Ela viste uns bombachos negros, pisando nunhas sandalias onde agroman unllas violetas que danzan, debaixo da choiva e o Licor Café. Ela porta unha bandeira mollada con pingas de terra húmida no branco dos ollos e unha estrela recollida, no seu cabelo roxo.
Aloumiña coa súa voz Pablo a noite do 25, filtrando os pousos das revolucións perdidas mentres eu penduro algún resto entre os meus e as mans de Filipa. Canta Milanés, 10 anos despois, daquela tarde na súa casa da Habana na compaña de Odalis, Franético e un niño de bolboretas no corazón.
Onte, por uns intres, quixen volver a pisar as rúas novamente e descubrinme, movendo os pes, nunha lameira de corazóns quentes.
Tuesday, July 22, 2008
VELOSO
Onte Caetano cantou en Compostela e por uns intres, as gaivotas que pintaban o ceo da Quintana semellaron pombas, as portas dos lavabos de plástico un conxunto de percusión africana e uns meniños que corrian entre as luces da pedra, un ballet ruso de xira. Esta é a fórmula da boa música que altera percepcións, acompásase da Berenguela e muda sensacións térmicas que espantan os meigallos e inmunizan contra o mal de aire, deste verán enlatado.
Friday, July 18, 2008
VERBAS (fuxidas)
As verbas que foxen dos meus miolos cando non son asolagadas na tinta do papel teñen…unha tradución simultánea nas caricias que empresto debaixo da túa saia, a elegancia do traxe co que me vistes cando mentes por min, a sede de cervexa e nada mais que cervexa, as ganas dunha fuxida que pretenda volver, o pedigree dunha úlcera que tapizo con omeprazol, a inocencia dun neno que reina nun castelo de area na illa de Arousa, a vocación de ser outros que queren ser outros, as revolucións agochadas nunha barricada de desexos, a sensación dun verán repetido mirando a vida pasar.Sunday, July 13, 2008
MOITO OBRIGADO (á vida)

Precisaría dunha orde xudicial pra afastarme das derradeiras 48 horas, un exercito pra dispersar ao grupo da tralla brava donostiarra* onde faltaba Wein, unha orde de clausura pra depurar tanto exceso consentido, un rec retiniano pra repetir o impactante espectáculo de TOM.
Hoxe teño a ben facer entrega de 1600 km de amizade, unha metade que me viste euskaldún, un fato de bicos non dados ou si, unha cidade pra vivir outra vida, un concerto compartido con Mr Gonzalez, un equilibrio enólico con Franético, unhas costas que refrescan as miñas pasadas de freada, un paréntese osixenado pola música e o mar do norte.
Hoxe teño a ben facer entrega de 1600 km de amizade, unha metade que me viste euskaldún, un fato de bicos non dados ou si, unha cidade pra vivir outra vida, un concerto compartido con Mr Gonzalez, un equilibrio enólico con Franético, unhas costas que refrescan as miñas pasadas de freada, un paréntese osixenado pola música e o mar do norte.
Moito obrigado á vida e tamén a Franético e a Xelito por mostrarme a Waits fai 15 anos
*Franético,Morris,Filipa,Xelito,Anxo,Irati e Elvi.
Sunday, July 6, 2008
FRANÉTICAMENTE (Waits)

Tom agárdanos en Donostia ao final desta inmersión semanal de realidade laboral. Ti xa sabes irmán Franético, que eu son un socio putativo dos teus sentimentos e as túas ausencias, que quece pola banda pechando garitos e perdendo equilibrio, antes da seguinte aventura. Nestes tempos nos que as lólitas trátannos de ud e temos xa carné de socio do club dos interesantes con pucho e data de caducidade, toca ir pensando en arremangarnos as carteiras, encher o depósito e ir orar ao gran waits no Kursaal de Gros.
*Audio do fuchanco das lembranzas (Torreira grandes éxitos)
boomp3.com
Subscribe to:
Posts (Atom)

