Incompleto, como unha moeda de 10 céntimos nunha tragaperras de Burela, ao carón do hostal Luzern onde venden bicos salgados as que non teñen nada que perder cando chega a madrugada.
Reincidente, como a tose da camareira que serve ron a deshora a un poeta de saldo con pouca tinta no peito e moitos kilómetros por diante.
Importado, como a Mariña lucense que aloumiña o meu fitar, como os Non que emprestas cando xa estas cansa de malgastar os Si.
Foto P.Torreira .
boomp3.com







