Aposto na derrota de amores que non desgravan
mentres agardo na estación por un tren sen destino
que xogue a perderse no teu corpo sen paradas.
Hoxe tomaría un café con Llamaradas no Palentino
coa foto de Andrelo entre bocatas de calamares
e un plano fixo desta nosa vida que pinta enrugas.
A choiva hidrata a pedra dunha cidade en camiseta
que agarda polos universitarios made in botellón
de onde sempre,agromará un poeta.
Hoxe queimaría asfalto nun carro co Franético
buscándolle a medida aos noso excesos pacíficos
que tan só deixan, marcas nestes nosos corpos cansos.
A saia curta que levas é un atentado contra os que
intentamos manter a calma en momentos difíciles
insubmisos ao minifundio que agochas debaixo da roupa.
Hoxe cantaría con disfonía autoimposta o blues
dos que sempre xogamos a empatar cando o
gardamallas rival,anda de viños pola vella.
Os nenos invisten nos pesarios das mochilas cargadas
con vellos libros que estrean fotos novas
coas mesmas mentiras de sempre.
Hoxe gustaría de ser aqueles outros que fun
cando aínda non tiña tinta nos dedos e portaba,
un fato de ilusións enlatadas elegantemente…
co teu sorriso.

.gif)