nun curso de aturuxos impartido polo mal de altura
dos que perderon pe apostando a cabalo perdedor
sen cartos.
Dos teus beizos agroman sorrisos con restos de café de pota
insubmisos a bicos mal dados en garitos de saldo
ateigados de guiris que gastan o carpe diem
sen protector solar.
A cidade latexa cun ritmo que empeza cos teus non
e remata na primeira barra que visito dende onte
porque ela sabe ou sospeita que o meu si fácil
sempre ten sede.
Teño un paquebote na rúa preparado pra conquistar
neste mar de pedra
todo o perdido.









