Teño unha debilidade a proba de bomba polos anxos caídos,unha botella de ron por rematar que case remata coa miña persoa onte,unha cámara fotográfica no fitar,un fato de amigos innegociables,unha tristura que abriga elegantemente.Ando polas rúas de Compostela como o espantallo da señora King,con déficit de bicos e a cama ateigada dos conxelados de Bofrost enrugando a miña pel que xa non ule a ti.
Brindo polos garitos da vella con amigos descoñecidos que buscan amigos descoñecidos nun exercicio de reciprocidade da noite e os seus efectos colaterais.Brindo polos que apostan sempre a cabalo perdedor,polos que regalan sorrisos a fondo perdido,polos que nunca están chegando a...,polos que saben que algún día van morrer e prefiren vivir sen aditivos nen donos,polos escasos sabios.
Neste país de minifundistas emocionais que estudan a monarca de poucos,reivindico o meu ser lisérxico-republicano que tan só se excita coas causas perdidas co paso dos anos.



















