Monday, October 30, 2006

PASEO

P.Torreira

Estreo a condición de mantido temporal mentras invirto as mañáns que a Xun traballa en camiñar as rúas do centro da capital do imperio con vocación de mirón.
Madrid cheira a presa misturada con buscadores de ouro,activistas de ONGs ,obras,ambulancias,Gallardonismo, policia,mais presa,inmigración,franquicias,taxistas que escoitan a Jimenez Los Santos, xornalistas á caza dun titular,derrotas do Atleti,prostitutas,chulos,currelas e octaxenarios encabronados coa filatelia e o neoliberalismo.
Gran Via,Sol,Praza Maior,Chueca,Malasaña e Lavapies pra rematar mergullado na música e nos libros das tendas e librerias con vocación de recaída. As horas pasan lentas en contraste cos latidos taquicardizantes da cidade que me devolve a miña partenair a hora da comida, cansa e cun sorriso nos beizos...
-Que tal a mañán Torreira?
-Como Indiana Jones, na busqueda da derradeira barrica de Licor Café ...
Pd:Levo todo o dia cunha canción de Joaquinito resoplando nos miolos "Tirso de Molina,Sol,Gran Via,Tribunal,donde queda tu oficina para irte a buscar,cuando la ciudad pinte sus labios de neón,subirás en mi caballo de cartón...me podrán robar tus días,tus noches No"

Sunday, October 29, 2006

MADRID

Hoxe buscareite polas rúas de Madrid,entre libros asténicos e verbas desgastadas nunha cidade canibal que non entende de historias de dous en "pause".
Buscareite, entre as sábanas do Hostal Breogán,tomándolle a medida a túa presenza que empresta a espalda nun colchón sitiado por xornais ,o cheirume do café e o ruxe-ruxe da xente que entra sen permiso pola fiestra da habitación nesta primavera de Outobro, que ven tocando o acordeón da vida.
Onte vinte camiñar pola rúa e non fixen caso dos sinais de tráfico existentes que advertian da tintura que as túas pegadas deixan nestas letras desventuradas.
P.Torreira

Saturday, October 28, 2006

BREOGÁN


Retomei camiños esquencidos que levaban o teu nome no Hostal Breogán e todo foi moi facil cos teus bicos ao meu carón , asubiando unha canción importada da terra da chispa no centro de Madrid.
P.Torreira

Friday, October 27, 2006

AVIÓN

P.Torreira*

Dende o meu avión,camiño de Madrid,despídome dos tellados da vella con vocación de comando itinerante ao servizo do meu cuore e territorios anexos...unha azafata explica as medidas de seguridade en caso de accidentes mentras eu agarro con vocación de naúfrago o licor café de contrabando que me acompaña a capital do imperio.Quen precisa de fontes de osíxeno tendo o black power a menos de 50 cm!
Fermoso dia
*Foto sacada dende a terraza da casa do meu irmán Quicoliñas...o audio e unha homenaxe a todos vos (Lamatumbá)

Wednesday, October 25, 2006

VENCELLO

P.Torreira
Pedíchesme exclusividade literaria sen decatarte que o meu corazón e un terreo en mancomún que leva o teu nome,unha chousa con Síndrome de Estocolmo que agarda a ser traballada,un borracho que as 6 da mañán mendiga sorrisos de camareiras cansas de aturar borrachos.
Agora que vistes o título de princesiña azul do meu maxín,esixo bicos tanxibles que deixen restos pegañentos na miña meixela barbada , a cambio destas verbas entregadas ao centralismo democrático da túa querenza.

Pd:Fuxo da cidade que alimenta o meu camiñar durante unhas semanas...Madrid agarda (coa druida de Xun e un irmán descarriado embutido nun paternalismo centralista)

Sunday, October 22, 2006

PARAFARMACIA


Esperto cun puñal na espalda (outra vez) e o vento aloumiñando os meus oidos mentras a cidade durme instalada na fase REM que incentiva os soños antes de escomenzar a mesma semana de sempre.
Esperto,ainda dormido,refúxiome nas verbas que son a antítese dun colchón baleiro e dun café requencido pola friaxe desta invernia adolescente.Verbas como somníferos contra o “mal de aire”,parafarmacia semántica de ausencias.

Saturday, October 21, 2006

ALUGUER


Fun a buscar un bico ao ceo da túa boca e non atopei mais nada que buratos negros de dimensións descoñecidas.

Wednesday, October 18, 2006

EGOISMO


Invertín en acudirte sen decaterme que invertía nas miñas propias ausencias.
Xoguei a dar cando pretendia recibir,bicar para ser bicado.
Arrinqueiche un sorriso para verme reflectido nel,percorrín o teu corpo para fitar as túas marcas na miña espalda,empresteiche unha bagoa para chorar con vos.
Percorrín Gran Vía pechando os garitos da vella Compostela,regaleiche un libro para vomitar estas verbas con acuse de recibo.

Saturday, October 14, 2006

PATRIMONIO


Teño unha nómina hipotecada nunha partida de póker,un oráculo en bancarrota,unha pistola de licor café,un corazón mollado en aceite e un sofá en coidados paliativos.
Teño todo aquelo que me sobra e non sei que facer con tanta abundancia.

Wednesday, October 11, 2006

CURIOSIDADE

P.Torreira

Fitei aquel teléfono-mudo con curiosidade e as preguntas agromaron vizosas ,debuxando un arco da vella nos meus miolos.

Sunday, October 8, 2006

LIMBO


7-10-06 (mañán)
Recibo a chamada de Franético irmán para anunciarme a súa chegada ou eterno retorno ao fogar onde a súa outra metade (Eva Wein) “le mira y respira”.Atrás queda a fuxida que periodicamente o meu irmán i eu realizamos con vocación de deportistas narco-olímpicos ás rúas da vella Compostela ,antídoto contra a cotidianidade dos días que pasan sen pedir permiso a ninguén.Fuxida que estivo aderezada pola presenza do indómito Xelito recen aterrizado da costa Levantina coa súa morena de ollos verdes que “le mira y respira” e tamén do irmán Ed,que leva o cine nos ollos.
Hoxe toca pois pagar os excesos cun anaco de fígado ao portador , moita hidratación,e a sensación de ter mercado por uns intres unha Magdalena de Proust mollada no licor café da amizade,os excesos e a lúa mentras agardo pola musa do meu cuore e territorios anexos,que din as malas linguas,ven de camiño dende a capital do imperio cun reconstituinte por horas que sabe a bica da terra da chispa.
7-10-06 (tarde)
Recibo a chamada de Franético irmán para contarme a súa evolución bio-psico-social despois da inxesta hídrica-enólica-Thc...
-Como vas irmán?
-Me asusta este hotentote recien violado por atila con poco cariño que veo reflejado en la luna del escaparate...me ramifico
-Xa será menos.
-Sabes que el Santísimo ha decretado el finiquito del Limbo?...¿Que vamos a hacer nosotros que llevamos toda la vida instalados en el?.
-Deixasme sen verbas que expresen este desacougo.
-Lo peor de todo es que parece ser que el purgatorio queda en entredicho ahora que el limbo ya es pasado y eso debería preocuparte Torreira porque sin purgatorio no hay plan de pensiones que valga...
-Este papa é un maldito liquidacionista...que os demos o leven!
8-10-06 (mañán)
Filipa mergúllase espida na cama sitiada pola prensa dominical mentras a casa cheira a café e á música do derradeiro disco de Josele Santiago.O meu animal debe estar hoxe exiliado no Limbo,exista ou non,queira ou non queira o Papa.

Thursday, October 5, 2006

TOXIC GIRL


Verbas chuchadas pola preguiza...esto vai para aqueles que din que escoitan os documentos deste blog
Pd:Para G.Llamaradas (alá onde esté)
Pd2:Música "The Homens"

Tuesday, October 3, 2006

ALMORZO

P.Torreira

Insomne e coa cama convertida nun ring de boxeo de perfil onanista ,valoro a posibilidade de almorzar no único garito da comarca (Concello de Santiago-límite con Teo matria) onde che sirven un ronsito rico en vitaminas con media ducia de churros para escomenzar o día (con rigor e dereitos de autor)...

Pd:Para que logo digan que esta oferta non cubre mercado