Sunday, July 30, 2006

MENTRAS DURMIAS


Invertín en roubarche bicos mentras durmias e decateime que cando encaraba a tua espalda , tiñas un ollo entreaberto que fiscalizaba os meus movementos.
Invertín en buscarche os angulos mortos para arrincarte algún pecado xustificado.
Invertín a fin de contas, para entrar con elegancia na bancarrota dos que apostan por estética e non por rendabilidade.

Thursday, July 27, 2006

TODO A 100


Dalle tralla irmán…pon ese disco que o sangue ferve e non estamos para emprestar cancións.
Ti xa sabes,que se a pedra da felicidade e o sorriso falece malgastada entre os nosos dedos sempre teremos a posibilidade de facerlle un corte de mangas ao destino e voltar a escomenzar.
Chama a frenético que graxan os corvos da noite e ninguen nos enviou todavía un convite sen acuse de recibo e con dous bicos porque SI.Chama a Frenético e invoca a tropa do carallo,sempre disposta a buscar un garito a desmán.
Casas Sinatra,e nos a fondo perdido no rito budú,porque nos sale do peito levarte ao altar dos que xogan sen marcar a carta.
Casas,e aquí che vai un presente torreiriano para ti e a rapaza que elixiches como compaña nunha rua da vida onde tan so gañán os que xogan a perdelo todo co corazón.
Salitre con dous xeos para vos.
Salitre,porque eres un todo a cen.

Tuesday, July 25, 2006

ESCONXURO

P.Torreira
Hoxe invocarei un inverno para terte mais preto ao carón dun edredón que non sobra,duns bicos engordados pola friaxe,de corpos que se mostran despois de invertir en penitencias e dous cafés.Farto xa,do novo horario de vran,da cunca de suor coa que mollamos o colchón,de caricias con exceso de aire morno.

Friday, July 21, 2006

INSOMNE



Espertei cunha estaca na espalda,a mesma que non me deixa durmir mais de 6 horas seguidas dende fai 2 anos,a mesma que convirte cada noite a nosa cama nun ring de boxeo onde gañar unha esquina para encaixar con elegancia os golpes recibidos por un colchón anóxico .
Espertei, canso e xurando en jallejo unha sinfonia de verbas psicoterapeuticas que non dan pasaporte para ben-falado mentras buceaba no recuncho-bar na búsqueda dun licor internacional que firmase un libro de ruta con morfeo.
Espertei, e fixen colección das pernas soltas de Filipa que cada noite lle permiten durmir espida agardando pola fresca do mencer mentras soña con actores e músicos de mala vida.
Tanta verba de merda para contarvos que espertei e ando fodido mentras o barrio durme invocando un mencer .
Pd:imaxe do meu alter ego "espalda plateada" metáfora dun Torreira insomne

Thursday, July 20, 2006

TELÉFONO ARDENDO


Licor del Polo véndeme un frescor antibacteriano (¿?) mentras eu preciso un ron dobre, verbas no teu refuxio,bicos sen reintegro,reloxos sen pila…amigos con vocación suicida.
Por amor ao comercio non iria nin a catalogar todo aquelo que escondes debaixo da falda.

Tuesday, July 18, 2006

CORRE



Di o Lichis “los canallitas sueñan con ser Sabina”…asi que acudirei hoxe a cidade de Monte Alto a ver ao mestre con vocación adolescente, a mesma que descubrín fai xa un fato de anos cando ensimismado percorria as ruas de Plymouth cunha cinta que grabara un pincha da Serra de Outes (sitio distinto) sobre un flaco que “ o dicia todo e mais”.
Non teño verbas nin debates, Joaquin e innegociable,unha cosmovisión torreirana, un mestre de levantarlle as faldas ao destino con elegancia poetica.

Monday, July 17, 2006

MELANCOLIAS




Véndoche de madrugada este fato de melancolias ao por maior, sen acuse de recibo nin folla de reclamación. Deíxochas a bo precio, material para o mal escritor que mercadea e parasita a roupa interior da noite. Un bico emprestado , un leito, aquel café no Derby, a mesma canción.
Véndochas, ou mellor, regálochas que xa as devolverás cando che pesen, cando sexan inmunes ao Dorken e carezan de mala reputación , neste mundo rosa de Compostela que nunca precisou de programas de televisión para existir.
Adxúntoche con todas elas, a música, o cine e os paseos pola vella para evitar recaidas. Tamén algún amigo que precisa delas para manter unha estética, dos que nunca estiveron en Casablanca e sempre andan buscando ofertas de avión, que saen de Porto en tempada baixa.
Non andarei con saudades para volver a escomenzar, encarando este vran sen vergoña toureira, agora que as témporas regalan a choiva que non viña no menú e os mozos non acuden aos colexios enchepados polas carteiras, nunha metáfora vital do que pesan estas malditas melancolías.

Saturday, July 15, 2006

CALOR


Anda o termostato do barrio fundido mergullado en xeo e ron, mentras os cidadáns do lugar parapétanse na fresca da mañán como quen busca un bico roubado a rapaza mais fermosa do baile.
Agora que graxan os colchóns dos veciños unha melodía arrítmica e as rapazas saúdan o mencer con zapatos pero sen príncipe, eu invirto en saudades centrifugadas pola ausencia que te mantén a salvo dos meus bicos ,parapetada no cadaleito dos que non poden nin queren.
Esta calor e un subterfuxio para cardiopatas descompensados con gañas de ti.
PD:Audio XA

Thursday, July 13, 2006

MAR



Pedíchesme que che regalara un mar i eu non tiña adxectivos nin para unha piscina así que pasei toda a tarde mergullado nas miñas limitacións buscando a postal marina que che arrincase un sorriso a falta de costa.
Teño no estómago un megáfono de ansiedades, unha marusía con vocación francotiradora que escupe verbas a horas intempestivas,un catalogo de vicios desgastado de tanto uso...
Un vello nunha tasca de ningures,poñamos como exemplo Muros,fita para o televisor hipnotizado no eterno retorno de Pemán na galega mentras pregunta con aire inquisidor “ ¿Xa esta este contando mentiras sobre o Mar?”

Sunday, July 9, 2006

UN HOME


Contan del que non tiña vicios. Din , que tiña familia e un bo traballo. Que era moi responsable, amigo dos seus amigos, un exemplo da comunidade.
Onte morreu mentras soñaba que morria, e ninguen sabe se choralo.

Thursday, July 6, 2006

LICOR CAFÉ


Mentras as verbas esvaran entre as miñas gadoupas eu invirto en litros do negro café a falta de documentos sonoros terapéuticos (pronta solución).
Traballo para ninguén (nenos,casa,revolucións…) e sen descanso e isto, con esta calor, faise insoportable

Sunday, July 2, 2006

PERDIDO


Ensináronme a decodificar ao inimigo,a loitar contra inxustizas, a posicionarme na dialectica…mais nunca ninguén me contou como combatir a superficialidade, o triunfo da estupidez…e ando perdido