Thursday, November 2, 2006

MORAL

P.Torreira *

Nunca fun do clube da moral asi que hoxe mentras gastaba os zapatos pola cidade ,sorprendinme contemplando que a moral non só está a día de hoxe vixente se non que ademais ten unha sensibilidade por descubrir que pode ser ferida.
Ando pois,orfo de sensibilidade moral cun camiñar miudo que me levou na compaña de Filipa a fitar con curiosidade a obra de Gustav Klimt na J.march, por recomendación da miña editora despois de sinalar que a este blog non lle viria mal un pouco de profundidade existencial.
Unha vez na exposición,absorto no Friso de Beethoven , comprobei que a imaxe mais evocadora do mesmo para o meu subconsciente era a figura que encarnaba á Luxuria...
-Gústache Torreira?
-Miña ben,non sei que decir ante tanta fermosa amoralidade...
A choiva sorprende Madrid regalando unha carta da matria que sabe a orballo...hoxe evidentemente,teño un dia raro.
*picar foto para ampliar

No comments:

Post a Comment