P.Torreira
Frenético é un Cangués ácrata que vive exiliado no reino de Eva Wein,partenair incondicional do seu sorriso,terapeuta que aloumiña o seu camiñar.
O meu irmán é unha amizade de contrabando,un curso a distancia da vida aprendido ao seu carón,un atardecer na Habana,unha road movie pola peninsula desafiando a Pemán,unha botella con pronóstico reservado,un coctail intravenoso de Waits,Miller ,Bukowski,Berger , Quique,Carver e Andrés.
El, que non precisa de maceración carbónica para ser,tenme ensinado lugares do mundo que nunca pisei,traducido cancións que nunca entendín e mostrado escritores que non habitan na miña biblioteca de mínimos.É a miña leika vital,un nudista en Haparanda,un link por descubrir,un contacontos sen conto,un galego exótico.
O Che en Cuba,Sandokán en Tanger,Jesucristo en Europa,Bin Laden no Nilo... permítanme vostedes esta licencia ganada coas horas vividas ao seu carón mais ...el é o meu Mozart i eu son o seu Salieri*
*en clara referencia a como se define J.Sabina frente ao seu amigo Krahe.

No comments:
Post a Comment